Como comprar

Comprar en airadasletras.gal é moi sinxelo. Para realizares as túas compras deberás seguir os seguintes pasos:

1.- Escolle a categoría na cal se atopan os produtos que desexas, libros ou cousas bonitas.

Dentro de cada categoría poden existir ligazóns na parte superior que te leven ás correspondentes subcategorías.

En caso de non atopares un libro proba a buscalo na "procura avanzada".

2.- Selecciona o produto que queres comprar mediante un clic sobre a fotografía ou nome..

3.- Unha vez dentro do produto, calca sobre o botón "Engadir á cesta".

4.- A continuación podes seguir comprando ou ben finalizar o teu pedido.

 

Para finalizares o pedido, sigue os pasos que se indican:

1.- Comproba que os produtos que seleccionaches están dentro da túa cesta.

2.- Selecciona unha zona de envío, un método de pagamento e unha forma de envío.

3.- Se non estás rexistrado, pedirémosche que indiques os teus datos, se xa estás rexistrado accede co teu correo electrónico e contrasinal.

4.- Confirma o pedido.

5.- Recibirás un correo electrónico cos datos do pedido que acabas de realizar.

 

Se tes algunha dúbida, ponte en contacto connosco en tenda@airadasletras.gal

Se o libro non está no noso catálogo, visita a sección "Pedidos Especiais" que aparece no menú superior, cubre a ficha do produto que desexas e responderémosche canto antes indicándoche os prazos de entrega e o importe do produto.