Envío e devolución

POLÍTICA DE ENVÍOS:

A entrega considérase efectuada cando o cliente asina a recepción da entrega

As entregas efectúanse con gastos a conta do cliente sempre que non se dean as circunstancias necesarias para os envíos gratuítos.

As zonas de entrega dividiranse en: España (Península), Portugal (Península), Recollida na librería.

Para as Illas Baleares, Illas Canarias, Ceuta e Melilla, unha vez realizado o pedido enviarase un e-mail ao cliente cos gastos de envío correspondentes, en caso de aceptalos deberá ingresalos vía transferencia bancaria. No caso de non aceptalos, devolveráselle o importe do pedido.

Os prazos de entrega compútanse en días laborables, de luns a venres.

 

GASTOS DE ENVÍO: 

Península (España): para pedidos de importe inferior a 20.00€, os gastos de envío son 4.00€

Península (España): para pedidos de importe igual ou superior a 20.01€, os gastos de envío son gratuítos.

Península (Portugal): para pedidos de importe inferior a 40.00€, os gastos de envío son 4.00€

Península (Portugal): para pedidos de importe igual ou superior a 40.01€, os gastos de envío son gratuítos.

 

Para pedidos a outras zonas, por favor, póñase en contacto connosco en tenda@airadasletras.gal ou no 988 442 324

 

DEVOLUCIÓNS:

Os pedidos pódense cancelar sen custo ningún antes de que o envío se faga efectivo. Se recibimos aviso de cancelación unha vez o paquete estea enviado, tratarémolo coma unha devolución.

Se Vd. decide exercer o seu dereito de desistencia, deberá cumprimentar o correspondente formulario de desistencia, indicando o número de pedido e remitindo o produto polo mesmo conduto que o recibiu e en perfecto estado de conservación. As devolucións poden facerse até 7 días hábiles desde a recepción do produto, a condición de que estes non fosen abertos nin usados e conserven -no seu caso- o precinto ou embalaxe orixinal. Isto non será aplicable á venda de artigos que poidan ser reproducidos ou copiados con carácter inmediato ou que por razón da súa natureza, non poidan ser obxecto de devolución, entre os que se atopan os libro electrónico e demais artigos incluídos no artigo 102 da Lei Xeral para a Defensa de Consumidores e Usuarios.

En caso de producirse a devolución, os gastos de devolución corren a cargo do cliente. Os gastos de devolución serán iguais aos gastos de envío do pedido, e no caso de tramitarse o pedido con "envío gratuíto", os gastos de devolución serán iguais ao importe dos gastos de envío correspondentes á zona de envío, situados na sección "Gastos de Envío" desta páxina. Naturalmente, quedan excluídas deste suposto aquelas devolucións que se deriven dun erro da Aira das Letras ou dalgún defecto do produto servido. Nese caso, Aira das Letras comprométese a cambiar o produto defectuoso por outro e farase cargo dos gastos de devolución e de envío. Se non puidese facerse o cambio, reintegrarase o importe.

Se os produtos servidos non son conformes en natureza ou en cantidade cos especificados no albará de entrega, ou sofren algunha deterioración, o cliente deberá formular a súa reclamación nas 24 horas posteriores da entrega.

Unha vez que a devolución se realice de maneira adecuada, efectuarase o reembolso do valor da mercadoría devolta o máis pronto posible, non superando nunca o prazo de 30 días desde a recepción do produto devolto.