Protección de datos

De conformidade co disposto no artigo 5, apartado 1 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter Persoal, informámolo dos seguintes termos:

Responsable do Ficheiro

Os datos dos responsables dos ficheiros nos que se incluirán datos persoais recolleitos e tratados desde esta plataforma online e formularios de suscripción son:

Libraría Aira das Letras S.L., Rúa Emilia Pardo Bazan, 5 bajo, 32660, Allariz (Ourense), 988 442 324, info@airadasletras.gal. Aira das Letras en adelante.

Usos e Finalidades dos Datos Recolleitos

Os datos que nos facilite a través desta plataforma en liña e formulario de subscrición formarán parte de ficheiros, titularidade de Libraría Aira das Letras, Punto e Coma e Galería Circular, sendo as finalidades  as que se detallan a continuación:

  • Xestión de venda: Cando adquire un produto a través da nosa web, os datos facilitados nos apartados “datos de envío” e “datos de facturación”, no seu caso, utilizaranse para realizar a tramitación e xestión da venda e a súa posterior facturación. Así mesmo, os datos facilitados a través do formulario “Pedidos especiais” utilizaranse igualmente para tramitar a súa solicitude de pedido especial.
  • Realizar ofertas, promocións e sorteos: A información que Vd. nos proporcione a través dos nosos formularios de recollida de datos, poderá ser utilizada para a organización de promocións e sorteos de produtos comercializados a través da nosa páxina web. Cada promoción, oferta ou sorteo contará coas súas propias condicións particulares.
  • Envío de Información: A libraría utilizará os datos persoais que o usuario proporcione no apartado “Contacte connosco” para responder as solicitudes de información que nos solicite. A información introducida nos formularios ou correos electrónicos de contacto empregarase ademais, para enviarlle información de interese sobre as novidades dos produtos comercializados, así como promocións, concursos e ofertas realizadas pola libraría. Esta información envíase por vía postal e/ou electrónica. Os usuarios que non desexan recibir este tipo de información poden comunicalo á dirección de correo electrónico: info@airadasletras.gal.
  • Xestión de Usuarios: A información que nos proporcione no formulario de rexistro “A miña conta” será utilizada para a xestión de clientes e usuarios que utilicen os nosos servizos a través da páxina web.
    A redacción dos respectivos cuestionarios será obrigatoria para alcanzar os respectivos obxectivos, non sendo posible alcanzar os fins indicados sen a obtención da referida información persoal.

Convertéreste en Amig@ de Aira das Letras dache acceso ás seguintes vantaxes permanentes:

Vantaxes na libraría Aira das Letras, en tenda física e online (Aira das Letras):

  • 5% de desconto en libros e láminas.
  • 10% de desconto en xoguetes, papelería e música (co 21% de IVE).
  • Ofertas especiais, agasallos, sorteos…

Reserva de libros de texto (en campaña escolar) e o seguinte desconto:

  • 10% de desconto nos libros de texto da educación obrigatoria.
  • 5% de desconto nos libros de texto da educación non obrigatoria (infantil e Bacharelato) (A Lei do Libro non permite facer máis desconto nestes últimos).

Comunicación de Datos a Terceiros

Os Responsables dos Ficheiros teñen prevista a comunicación dos seus datos persoais a terceiros nos supostos que se detallan a continuación:

  • Por disposición legal: Os seus datos serán comunicados a terceiros nos supostos nos que unha disposición legal así o estableza (administracións públicas, autoridades administrativas ou xudiciais, etc.).
  • Xestión de pagamentos e cobramentos: Os seus datos persoais serán comunicados a terceiros cando resulte necesario para formalizar e xestionar o pago dos produtos ou servizos adquiridos (paypal, entidades bancarias ou caixas de aforros).
  • A terceiros necesarios para a prestación dos nosos servizos: comunicaranse a terceiros (administracións públicas, rexistros oficiais ou outros profesionais como notarios, etc) os datos de carácter persoal que resulten necesarios para prestar os servizos contratados.
  • Gañadores de sorteos, promocións e concursos: A Libraría publicará os datos identificativos dos gañadores de sorteos, promocións ou concursos. Estes datos (nomes), serán publicados na nosa páxina web e nas diversas redes sociais nas que A Librería teña conta ou perfil corporativo.

Confidencialidade

Os responsables (Aira das Letras) obríganse, de acordo co que establece o artigo 10 LOPD, a gardar segredo respecto dos datos persoais tratados, aínda despois de finalizada a relación comercial entre ambas as partes, debendo estender esta obrigación a todo o persoal das súas organizacións que accedan aos devanditos ficheiros.

Exercicio de Dereitos

Informámolo do dereito que lle asiste para exercer os seus Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío da solicitude de exercicio correspondente xunto con copia do documento oficial que o identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte) á dirección de de o Responsable do Ficheiro. Para solicitar información sobre a forma de exercer estes dereitos Vd. pode dirixirse á páxina web da Axencia Española de Protección de Datos: www.agpd.es