A RIBEIRA SACRA (GALEGO)

A RIBEIRA SACRA (GALEGO). GUÍA PRÁCTICA

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Non ficción
ISBN:
978-84-9782-917-5
Páxinas:
320
Encadernación:
Otros
-5%
24,25 €
23,04 €
IVE incluído
Dispoñible en 1 semana
Engadir á cesta

Esta guía práctica da Ribeira Sacra descóbrelle ao visitante os encantos que esta bisbarra conservou ao longo dos séculos. O amplo territorio da Ribeira Sacra, situado no corazón de Galicia, está recollido aquí de forma exhaustiva. Os ríos Miño e Sil son os protagonistas para o viaxeiro. No seu lento fluír discorren escoltados polos profundos e grandioso canóns que marcan a fisionomía desta terra. A tradición dos viñedos e os seus excelentes viños; os mosteiros e as igrexas, testemuñas do esplendor medieval; a potencia da súa natureza e as súas especies; a profundidade e fermosura das súas fragas de carballos e castiñeiros; os seus engaiolantes sendeiros; os seus pazos; as súas reitorais; e mesmo o seu acougo..., todo está recollido e documentado nesta guía práctica escrita por Manuel Garrido. Excursións, consellos, turismo rural, rutas, arte, historia, cultura, todo tipo de información práctica, mapas e fotografías abren esta guía ao visitante para mostrarlle unha das zonas máis fermosas do país.

Outros libros do autor