COCIÑA GALEGA TRADICIONAL

COCIÑA GALEGA TRADICIONAL. RECEITAS, TRADICIÓN, HISTORÍA E EVOLUCIÓN

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Non ficción
ISBN:
978-84-9121-263-8
Páxinas:
400
Encadernación:
Bolsillo
-5%
28,95 €
27,50 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

As receitas recollidas en " Cociña galega tradicional " pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo. Neste libro descríbese a elaboración da receita máis tradicional, pero tamén como foi concibida polos cociñeiros clásicos e a súa evolución ata a actualidade. Analízase a presenza das receitas nas obras dos escritores gastronómicos galegos, testemuñas fundamentais para coñecer a historia da nosa cociña, así como a opinión de ilustres gourmets sobre os pratos máis representativos da cociña galega.
Preséntanse agrupadas seguindo a orde clásica de servizo na mesa: caldos e sopas, empanadas, vexetais, peixes e mariscos, carnes e sobremesas.
Complétanse as receitas cunha información sobre produtos galegos de calidade: o pan, os queixos, os viños, as cervexas, as augas, os licores, as conservas e o mel.
En " Cociña galega tradicional " , a autora rebusca na súa memoria gastronómica para rememorar a cociña e as receitas da súa vida. Na narración conflúen a historia, a cultura e o pracer coa intención de que, despois de ler as receitas aquí descritas, os lectores reflexionen e miren dun xeito diferente o prato que van degustar.

Outros libros do autor