NEMO

NEMO. O RAPAZ SEN NOME

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-9121-108-2
Páxinas:
200
Encadernación:
Cartoné
-5%
14,90 €
14,16 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Un misterioso rapaz sen pasado, unha rica herdeira que foxe do seu destino e un ex acróbata unirán as súas forzas nunha loita contra poderosos inimigos.
Europa, 1829. Un rapaz de pel escura viaxa nun transatlántico e desembarca no porto de Le Havre. Deseguido, monta nun coche de cabalos que se dirixe cara a un colexio para mozos aristócratas que se atopa preto de París. Non é un estudante coma os demais: solitario e silandeiro, ninguén coñece o seu verdadeiro nome. Os seus amigos chámano Nemo.
A vida de Nemo está envolta no misterio. É un rapaz introvertido, pero consegue vencer as súas reticencias e, á fin, inicia unha sólida amizade con Ashlynn, unha moza fráxil coma unha boneca, de rizos dourados e mirada cativadora. E con Daniel, un rapaz de bo corazón que medrou entre acróbatas e que agora traballa ao servizo do colexio. Só a eles lles ha revelar a súa orixe e o motivo polo que perdeu o nome.
Así e todo, Nemo ten unha misión que cumprir. Alguén atravesou o mundo para darlle caza, pero el está máis decidido ca nunca a continuar a súa fuxida. Os tres amigos escaparán xuntos do colexio para comezar unha grande aventura, que porá a proba o seu dinamismo, a súa valentía e a confianza en si mesmos.

Outros libros do autor