TINTA

TINTA

Editorial:
GALAXIA
Ano de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-9865-442-4
Páxinas:
160
Encadernación:
Otros
Colección:
LITERARIA
-5%
14,00 €
13,30 €
IVE incluído
Dispoñible en 1 semana
Engadir á cesta

A literatura dunha década, un ciclo literario completo que lectoras e lectores poden percorrer ao tempo que se debruzan sobre os mundos ficcionais de Inma López Silva. Nos relatos de Tinta agroma a semente dalgunha novela xa publicada a carón do paseo, páxina a páxina, de criminais encantadores, soñadoras de toda caste, actrices tristes, caricaturas de ditadores, peregrinos loucos e fotógrafos do vento que atoparon vida na tinta xurdida da capacidade fabuladora da escritora. Os relatos deste libro foron escritos entre os anos 2000 e 2010 malia no libro non estaren ordenados cronoloxicamente. Segundo confesa a autora, "Todos eles están xa publicados, sexa por figuraren en distintas antoloxías ou revistas, sexa por seren premiados nalgún certame literario. A súa edición nun único volume non responde a outro obxectivo ca salvalos da dispersión e, nalgúns casos, do esquecemento". Por iso, os relatos de Tinta non manteñen unha unidade nin de asunto nin de estilo; así e todo, por baixo destas "diferenzas cualitativas flagrantes" entre uns relatos e outros, lectores e lectoras han atopar como fío condutor a unidade que as teimas, as obsesións e as paixóns da autora lle outorgan. Trátase, pois, da "tinta" que correu polas veas da escritora ao longo dos dez últimos anos.

Outros libros do autor