15.724

15.724

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-9914-363-7
Páginas:
248
Encuadernación:
Otros
Colección:
NARRATIVA
-5%
20,95 €
19,90 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Cun enorme poder metafórico, 15.724, unha magnífica novela de Xesús Constela, trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha ave durmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como símbolo intocable o armadillo da súa bandeira.
A través dunha narrativa distanciada que nos amosa unha xeografía dominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que «ditaba as pautas, contaba e clasificaba o tempo, sinalaba a velocidade, deseñaba metas e marcaba obxectivos», imos coñecendo esa Patria, na que se desencadea a traxedia de toda unha familia.
En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo.
A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado de aletargamento que cambiará o destino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles.
E mentres Leo K. vai publicando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas.
Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán?

Otros libros del autor