A NEVE E O LUME

A NEVE E O LUME

Editorial:
BAÍA
Año de edición:
Materia
Narrativa infantil/xuvenil
ISBN:
978-84-9995-045-7
Páginas:
125
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MEIGA MOIRA
-5%
13,25 €
12,59 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

A neve e o lume representa unha achega á literatura galega da narrativa gótica, á vez que unha sentida homenaxe á poetisa arxentina Alejandra Pizamik, da que se recuperan diversos poemas que serven de motivo introdutorio a cada un dos capítulos da novela.

Negraneve, a protagonista da historia, ten que superar a protección da Cociñeira e do Leñador, os seus pais, ante a Xente de Arriba da Gran Mansión, onde viven atrapados, como resultado dunha maldición invocada nun aquelarre nunha noite do solsticio de verán, e os seus propios medos ao descoñecido para mostrar a súa auténtica beleza e liberar, ao tempo, os seus país da carga que arrastraban dun tempo doutra época.

É unha alegoría da vida, unha aproximación ao seu misterio e aos medos que provoca, tamén un canto á natureza, motivos que levan á autora a adoptar unha fermosa linguaxe literaria e unhas meditadas pausas narrativas que a aproximan ao xénero poético, por unha banda, e á literatura de tradición oral, pola outra. Tamén, unha viaxe para escapar do tempo pasado, unha viaxe na procura da liberación.