ANTÓN REIXA. GHICHO DISTINTO

ANTÓN REIXA. GHICHO DISTINTO. GHICHO DISTINTO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Biografías
ISBN:
978-84-9914-399-6
Páginas:
280
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CRONICA
-5%
22,95 €
21,80 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas. A súa obra comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. En todos estes ámbitos ?e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social?, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. E sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país.
Nestas conversas co escritor X. Cid Cabido e co crítico Manuel Xestoso, Antón Reixa vai debullando os aspectos máis relevantes da súa biografía, as claves do seu traballo e as liñas esenciais do seu pensamento artístico e político.