AS ESCALEIRAS DO GRAN HOTEL

AS ESCALEIRAS DO GRAN HOTEL

Editorial:
SOTELO BLANCO
Año de edición:
ISBN:
978-84-7824-640-3
Páginas:
171
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MEDUSA
-5%
20,00 €
19,00 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Carolina, unha filla da burguesía que vai pasar uns días ao balneario coa súa avoa, unha vella dama da alta sociedade que encarna os valores rancios dunha clase que non dubidaba en facer valer os seus privilexios, convértese en protagonista involuntaria, xunto ao seu amigo Tomás, dunha confabulación contra a Xefatura de Goberno da España riverista.

As Escaleiras de Honor do Balneario de Mondariz serven de paisaxe arquitectónica e cultural a unha historia que nos mergulla, a través dun estilo persoal e incisivo, nunha trama na que se entrecruzan as vicisitudes duns personaxes, unhas veces movidos polo propio albedrío e outras polo puro azar, en todo momento dispostos a cumprir os obxectivos asumidos máis ou menos explicitamente.

Son os deuses ou son as arelas humanas quen manexan os fíos da vida? A transmutación das leas divinas nos mitos humanos teñen unha tradición consolidada na literatura europea que Rubén Martínez recrea para debuxar unha sorte de vínculo moderno entre o devir terreal e celestial, unha alegoría da forza que une a partidarios e adversarios nunha existencia ateigada de sucesos convulsos, violentos e esgazadores, propios da vida divina e humana.

Este é un exquisito exercicio de pescuda literaria que dilúe a densidade do devir histórico para, a través del, mostrar o enorme valor das persoas comúns que acaban participando na construción da Historia que logo se traslada aos libros.

Otros libros del autor