?Caracol, onde estás?? publicouse por primeira vez en 1962
e 55 anos despois segue conservando a frescura e a orixinalidade
iniciais. Nesta obra para pre-lectores e primeiros lectores,
Tomi Ungerer utiliza o recurso da camuflaxe -que tamén lle inspirou ?Onde está o meu zapato??- para propoñer un sinxelo xogo visual: indagar nas formas, escudriñar nos detalles e nos escenarios
que rodean os personaxes para atopar o obxecto agochado.
Abonda o título do libro para deixar o interrogante aberto
en cada páxina: unha incitación á busca, á curiosidade
e ao desenvolvemento da agudeza visual a través de ilustracións recoñecibles e cunha paleta de cores intensas e luminosas.