CEGOÑAS NO FONDO DA RIA

CEGOÑAS NO FONDO DA RIA

Editorial:
URCO
Año de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-15699-46-0
Páginas:
262
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ALCAIAN
-5%
13,00 €
12,35 €
IVA incluido
Descatalogado

Cegoñas no fondo da ría é unha colección de 25 "atopocronías", sucesos nos que se cruzan os sendeiros das realidades posíbeis e que conforman un corpus mítico-histórico-marabilloso dunha (outra) cidade de Pontevedra.

Manuel Lourenzo González lévanos a descubrir nestas páxinas algúns temas tan suxestivos como a pesca das sereas, o Coloso de Tambo, o incendio da Biblioteca Panxeica de,Pontevedra, rodando Casablanca no café Moderno, o turista que botou raícese despois pólas e logo flores, a Pedra de Rosetta da cultura castrexa, cando América nos descubriu, un poema de Gustavo Adolfo Bécquer en galego, tras o misterio do rei Urco, o Pontevedrés Errante, o mago que conseguiu a inmaterialidade, a científica que o descubriu todo e foi como se nada, a primeira aterraxe dun dirixíbel na Ferraría, santos republicanos, Elvis Presley nas festas da Peregrina, o Diluvio Universal de Pontevedra, a xacia que chegou a Papisa, a muller que faleceu e non o sabía, a teoría das terras furadas, o alquimista verdadeiro, o tesouro do Preste Xan, as pirámides dos atlantes, a lenda de Ravachol, A Gioconda no Museo Provincial, princesas escandinavas primeiro meigas logo santas, unha Pontevedra na selva ecuatorial africana ... cegoñas no fondo da ría