COMO UNHA NOVELA

COMO UNHA NOVELA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Outras humanidades
ISBN:
978-84-7507-756-7
Páginas:
160
Encuadernación:
Bolsillo
-5%
12,95 €
12,30 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Un libro traducido ós principais idiomas europeos, éxito seguro entre pedagogos e ensinantes, un punto de vista moi diferente sobre a delicada cuestión do rechazo xuvenil á literatura e en xeral a todo canto cheire de lonxe a cultura.
Xa está dito que " para aprender, ou ver ou ler " , e moito fiáis fácil para a gran maioría é coñecer o mundo e as distintas formas de vivilo e interpretalo e mesmo de imaxinalo a través da literatura. A través dos libros, calquera clase de libros, sempre que sexan bos.
Pero o gran problema para os rapaces de hoxe, unha vez superado o seu rechazo instintivo á lectura, é saber distinguir os libros de baixa calidade dos libros que conteñen obras de arte ou sabedoría.
Fronte ós comecocos e videoxogos que o mercado lles ofrece cada vez fiáis sofisticados, fronte á idea -tamén moi divulgada en relación co consumismo- de que o intelectual é de vellos e ser vellos non é bo, fronte a idea de que ler é cousa de persoas pasivas e apalancadas, fronte a procedementos demasiado brutais ou demasiado rebuscados para conseguir que os rapaces lean, Daniel Pennac propón a liberdade, propón compartir aquilo que se disfruta, propón a experiencia persoal na literatura. Menos análise, menos esquematización na aprendizaxe do que está feíto para ser disfrutado, menos obsesión por que lean a calquera prezo. A literatura, a boa literatura é intelixencia creativa. Iso é o que se precisa para transmitirlle ós rapaces de hoxe a conveniencia de ler e conseguir crear, a través da boa literatura, un territorio persoal de vivencias insustituíbles.

Otros libros del autor