DESPOIS DA CHUVIA

DESPOIS DA CHUVIA

Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Materia
Relatos curtos ilustrados
ISBN:
978-84-8464-968-7
Páginas:
32
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
SIN COLECCION
-5%
15,00 €
14,25 €
IVA incluido
Disponible en la librería
Añadir a la cesta

?Despois da chuvia? é unha fábula moderna sobre a superación
das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboración
duns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante
nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase
para buscar comida e auga, pero o grupo non cre
nas súas capacidades -nin nas súas intencións-
e encomenda esas tarefas a outros animais.
Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostela
de Álbum Ilustrado están presentes a solidariedade
e o traballo en equipo na busca do ben común,
que non depende do luxo, senón de elementos esenciais
-e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas.
Nunha lectura máis profunda, o raposo -identificado na literatura
e na cultura popular como un ser astuto e enganoso- motiva
a desconfianza dos seus compañeiros, aos que este personaxe acabará sorprendendo cunha valiosa achega que supera
as expectativas de todos. O protagonista deste relato
enterneceranos coa súa inocencia cando -inxenuamente-
pretende conseguir o inacadable.

Otros clientes también compraron