EDUCAR EN FEMININO . MARÍA VICTORIA MORENO E NOSOUTRAS

EDUCAR EN FEMININO . MARÍA VICTORIA MORENO E NOSOUTRAS. ENSINO E LITERATURA : UN CAMIÑO DE IDA E VOLTA

Editorial:
HÉRCULES
Año de edición:
ISBN:
978-84-122537-6-4
Páginas:
224
Encuadernación:
Rústica
-5%
15,00 €
14,25 €
IVA incluido
Descatalogado

Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras: ensino e literatura. Un camiño de ida e volta recolle un abano de traballos asinados por mulleres que sentiron a necesidade, desde as súas atalaias de docentes-investigadoras, de iluminar o labor desas conxéneres que puxeron a semente e fixeron medrar o noso patrimonio cultural.
Nun primeiro bloque, “María Victoria Moreno: ensino e literatura”, revísase e ponse en valor o seu quefacer creativo na emerxencia e consolidación do sistema literario infantil e xuvenil galego, así como a súa axencia renovadora na institución escolar. Este achegamento á autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018 permite aproximarse a outras das pioneiras da literatura galega para as primeiras idades, que tamén conxugaron o binomio ensino-literatura para formar desde a lectura literaria nas aulas.
A mirada atenta sobre esas “Nosoutras”, que superaron unha dupla marxinalidade –a de ser mulleres e escritoras en lingua galega–, amplifícase no segundo bloque centrado na “Educación literaria e artística”. Nas súas páxinas a muller galega é o epicentro de achegas que transitan entre a crítica textual, as constelacións literarias, as lecturas coeducativas e a banda deseñada. A referencialidade da muller mantense nas propostas enfiadas desde os códigos doutras manifestacións artísticas como son as cartografías da memoria, o cinema de animación e os autorretratos.