FÁLAME DO SILENCIO

FÁLAME DO SILENCIO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-9121-391-8
Páginas:
320
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
NARRATIVA
17,50 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

Cinco anos despois da morte de Daniel Gluckmann, o xornalista Samuel Eirís recibe un encargo póstumo: completar a súa historia. Unha petición que o arrastrará de volta á Galicia actual e á Coruña do ano 1977. Un regreso a un país que deixaba atrás a ditadura, mais tamén ao momento exacto en que mudan as conciencias. A volta do mozo que descobre o que pesa o esquecemento na alma. No Durban, unha taberna de mariñeiros rexentada por un vasco con pendentes na orella e ollada salitrosa, ninguén resultará ileso. «Atochas. 1936.» Dúas palabras que levarán os protagonistas a facerse a mesma pregunta: Quen somos en realidade?
Unha viaxe interior, unha historia na procura de respostas de quen aprende a ler nas olladas, neses ollos azuis que lle devolven unha e outra vez a mesma pregunta: Quen é en realidade Daniel Gluckmann?
Novela de intriga e de memoria, " Fálame do silencio " é unha reconstrución literaria brillante e intensa daquela Coruña popular de hai medio século, marcada aínda pola escaseza, as necesidades, a guerra e as vidas truncadas.