FX52. AS COUSAS CLARAS (PREMIO MERLIN 2000)

FX52. AS COUSAS CLARAS (PREMIO MERLIN 2000)

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Narrativa infantil/xuvenil
ISBN:
978-84-8302-562-8
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
-5%
14,50 €
13,78 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacions. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas con amor.
As cousas claras de Xosé A. Neira Cruz mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, fallado o pasado 24 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela. O xurado de lectores apreciou nesta novela, de fasquía claramente xuvenil, unha grande axilidade no tratamento dun tema de actualidade, tanto no que atinxe á voz da narradora, en primeira persoa, como á construcción duns diálogos cheos de frescura e orixinalidade. As cousas claras, ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflicto no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos.

Otros libros del autor