MORGÚN

MORGÚN. LOBO MÁXICO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Narrativa infantil/xuvenil
ISBN:
978-84-9914-372-9
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
-5%
12,30 €
11,69 €
IVA incluido
Disponible en distribuidora
Añadir a la cesta

A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: ?o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo?. Morgún ?aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos? será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán.
Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia.
?Morgún? é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.

Otros libros del autor

  • DENTRO DA LITERATURA
    -5%
    Titulo del libro
    DENTRO DA LITERATURA
    DE TORO, SUSO
    Disponible en distribuidora

    16,00 €15,20 €

  • FÓRA DE SI
    -5%
    Titulo del libro
    FÓRA DE SI
    DE TORO, SUSO
    Disponible en distribuidora

    17,00 €16,15 €

  • CONTA SALDADA
    -5%
    Titulo del libro
    CONTA SALDADA
    DE TORO, SUSO
    Disponible en distribuidora

    12,30 €11,69 €

  • HUMILDAR
    -5%
    Titulo del libro
    HUMILDAR
    DE TORO, SUSO
    Disponible en distribuidora

    6,10 €5,80 €

  • SOMNÁMBULOS
    -5%
    Titulo del libro
    SOMNÁMBULOS
    DE TORO, SUSO
    Disponible en distribuidora

    14,85 €14,11 €