NUNCA PARAÍSO

NUNCA PARAÍSO. TEATRO BREVE (1973-2015)

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Teatro adultos
ISBN:
978-84-9121-113-6
Páginas:
360
Encuadernación:
Otros
Colección:
CLASICOS
-5%
21,95 €
20,85 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atención polo teatro. Así sucede coas dezaseis pezas do primeiro capítulo dirixidas, aínda que non unicamente, a " Solitarios?. Como as do segundo, " A Rolda " , implican a todas as persoas que non se consideran implicadas. Mentres as do terceiro, " Contratempo " , convidan a xogar ás advertidas. Por último, as catro pezas de " Azul " axudan a achegarse a un horizonte que podemos chamar límite... Pezas todas que abalan do estupor ao interese, da afirmación á dúbida, do ruído ao silencio. Un teatro de todas as cores, gobernado pola arpa tendenciosa de Denís e pola xenialidade dun clásico do noso teatro contemporáneo.

Otros libros del autor