O LIBRO DOS CÓCTELES

O LIBRO DOS CÓCTELES

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Non ficción
ISBN:
978-84-9121-049-8
Páginas:
144
Encuadernación:
Otros
-10%
12,90 €
11,61 €
IVA incluido
Disponible en distribuidora
Añadir a la cesta

A cultura do cóctel susténtase en catro piares fundamentais: primeiro, o labor dos bares que basean nos cócteles o seu modus vivendi; segundo, o labor que se fai na hostalaría non especializada; terceiro, a valoración e a importancia que as marcas de destilados, mixers, etc. outorgan ao cóctel como valor engadido, e, por último, o labor divulgativo e formador do que se fan eco os medios de comunicación, programas de TV, radio, prensa escrita ou libros coma este, que ofrecen ao consumidor final a posibilidade de preparar tragos no ámbito das súas casas.
Esta, precisamente, é a finalidade deste volume: a divulgación entre os non profesionais das técnicas e trucos necesarios para construír un cóctel, difundir a súa cultura e achegar a coctelaría aos fogares.