O PLANETA DOS SIMIOS

O PLANETA DOS SIMIOS

Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-16721-43-6
Páginas:
272
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
NARRATIVA
-5%
17,00 €
16,15 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Jinn e Phyllis estaban pasando unhas vacacións marabillosas
no espazo, o máis lonxe posible dos astros habitados.
Naquel tempo, eran habituais as viaxes interplanetarias,
e as expedicións intersiderais non resultaban excepcionais.
Os foguetes levaban turistas até as prodixiosas paisaxes de Sirio
ou financeiros ás famosas bolsas de Arturo e de Aldebarán…
“O planeta dos simios” pódese encadrar nas fantasías distópicas
ou antiutópicas que abundaron no pasado século XX, con exemplos como “Un mundo feliz” de Huxley ou “1984” de Orwell. Esta obra
de Pierre Boulle presenta un mundo futuro onde os humanos
son gobernados por simios, como crítica á obsesión da nosa especie por dominar o planeta. Tamén expón o problema da discriminación
racial na xerarquía de castas implantada nesa ficticia sociedade simiesca: os gorilas no alto do escalafón ostentando o poder militar, a continuación os chimpancés polas súas habilidades científicas
e intelectuais, seguidamente os orangutáns representando a clase
sacerdotal, e por debaixo de todos, os humanos como man de obra.