ONCE PORTAS

ONCE PORTAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Novela histórica
ISBN:
978-84-9121-179-2
Páginas:
104
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
14,60 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a la cesta

O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre.
Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes elementos, a presenza permanente do número once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio no que Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro sentido.
" Once portas " é unha novela a cabalo entre o histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis universais.

Otros libros del autor