Un álbum sobre como enfrontar ao descoñecido a través da ollada curiosa e inocente da infancia.
Ao acabar un día de escola, dous irmáns reciben a nova de que dous migrantes van chegar ao colexio. Migrantes? Como é a primeira vez que oen esa palabra, pasarán a tarde pensando nos seus posibles significados: quizais sexan pasteis ou mascotas
como os ourizos cachos ou talvez, palíndromos! E se resulta que son espíritos malignos…? Que ocorrerá entón? Á mañá seguinte, tras entrar con medo na clase, coñecerán dous compañeiros vindos de moi lonxe. A emoción ante o descubrimento que supón unha nova amizade levaraos a esquecerse dos migrantes que, en realidade, nin sequera chegan a aparecer.
As ilustracións de Maria Girón, cheas de colorido, expresividade e dinamismo, complementan á perfección esta proposta que aborda de maneira orixinal o encontro co diferente e permite achegarse ao tema con humor e intelixencia.