OS ONCE

OS ONCE

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
Novela adultos
ISBN:
978-84-9865-239-0
Páginas:
122
Encuadernación:
Rústica
-5%
14,70 €
13,97 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Pierre Michon é un dos grandes autores franceses contemporáneos, unha figura xa mítica no ambiente literario francés, onde é coñecido por ser un dos escritores máis esixentes desde o punto de vista literario pese a manterse afastado dos cenáculos literarios parisinos. O autor acadou sona internacional con Vies minuscules, libro de relatos que publicou aos 37 anos. Na súa nova novela, Os once, conta a historia dun cadro exposto no Louvre e no que aparecen os membros do Comité de Salvación Pública durante a Revolución Francesa. Michon reconstrúe na novela a historia dese cadro e do momento histórico que aparece reflectido nel. En Os once, Michon conta a historia do pintor François-Élie Corentin, a quen en plena Revolución Francesa lle encargan pintar un cadro no que aparezan retratados os membros do temido Comité de Salvación Pública, "os once", entre os que se encontraban Robespierre e Saint-Just, organismo que levou adiante a denominada política do terror. Nesta viaxe no tempo á que Michon arrastra ós seus lectores grazas á forza de evocación do relato, o escritor francés realiza unha crítica desapiadada do poder para, fronte os grandes persoeiros da Historia, situar as súas vítimas. Os once recrea maxistralmente o París revolucionario, retrata os protagonistas da revolución e critica a Arte que se pon ao servizo do poder político.

Otros libros del autor