ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO. A REPRESENTACIÓN ICÓNICA DE ROSALÍA A PARTIR DE PINTURAS, DEBUXOS E OUTRAS TÉCNI

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Artes
ISBN:
978-84-9914-565-5
Páginas:
208
Encuadernación:
Rústica
-5%
22,35 €
21,23 €
IVA incluido
Disponible en distribuidora
Añadir a la cesta

Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente.
A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse as súas múltiples facetas (Rosalía a lapis e a óleo; Rosalía en cor ou en branco e negro; Rosalía como retrato realista ou caricatura; Rosalía como musa ou como símbolo?), procurando conxugar a calidade do retrato co seu carácter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia máis alá dos lugares comúns preponderantes nos últimos anos.
Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestión dispoña dun repertorio útil e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos.
Todo o material icónico que xerou a poeta contribuíu e contribúe a que a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto é importante, pero o máis interesante do «fenómeno Rosalía» é que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dúbida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.