SIRA E O ROBOT

SIRA E O ROBOT. ADVENTURES ON TITAN

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Narrativa infantil/xuvenil
ISBN:
978-84-9914-834-2
Páginas:
128
Encuadernación:
Cartoné
-5%
19,95 €
18,95 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música.
Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. Un venres, totalmente aburrida da vida terrestre, ve un anuncio na televisión sobre un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre.
Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneira natural na narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio. Unha historia para ler e escoitar.