SOPAS FRÍAS E QUENTES

SOPAS FRÍAS E QUENTES

Editorial:
BAÍA
Año de edición:
Materia
Non ficción
ISBN:
978-84-9995-028-0
Páginas:
176
Encuadernación:
Otros
Colección:
COCIÑA
-5%
17,55 €
16,67 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Na actualidade, e de xeito xeneralizado, entendemos que a palabra sopa se refire a todos aqueles pratos que, cunha porcentaxe elevada de líquido e con máis ou menos corpos sólidos flotantes ou mergullados, comen con culler. Así, unha palabra que etimoloxicamente explicaba un só concepto concreto, neste caso ?anaco de pan empapado de líquido?, do xermánico Suppa, pasou ao longo do tempo a acaparar varios significados. Actualmente non só entendemos por sopas aquelas nas que intervén o pan, senón todo tipo de purés, sopas de verduras vistas, sopas a base de caldo, de arroz, de pasta, de legumes etc. No entanto, en galego distínguese esta palabra doutra moi coñecida, pote ou pucheiro.

Se tivésemos que dicir cal é o prato máis universal, xeral e remoto de todos os que existen nas diferentes culturas do mundo, deberiamos concluír que é a sopa, a sopa entendida como un líquido aromatizado que inclúe diferentes produtos. Seguramente por estas mesmas características, sufriu unha evolución que a diversificou, polo que temos desde os exemplos de sopas doces da Idade Media até as dos séculos XVIII-XIX, das que aínda quedan restos nalgún exemplo tradicional, ou as sopas de influencia doutras culturas, como as cremas e as frías, máis modernas.
As sopas son unha boa achega á dieta desde o punto de vista nutritivo. O feito de combinar diferentes produtos fai que se mesturen tamén diversas substancias interesantes na alimentación. As máis recomendables son as máis sinxelas, aquelas que inclúen pan, arroz, legumes, fideos ou pataca xunto con verduras. Estes elementos conteñen fibra, moitas proteínas, hidratos de carbono, no caldo que soltan hai numerosos minerais e, o que é máis importante, a ausencia de graxa animal. As sopas condimentadas con cárnicos ou base de caldo, en cambio, achegan máis cantidade de graxa no prato.

Otros libros del autor