Publicado por vez primeira en 1944 nos EstadosUnidos, ?Todos o viron? é o primeiro dos catrolibros que a fotógrafa Ylla e a escritora MargaretWise realizaron conxuntamente.Nas súas magníficas imaxes, lectoras e lectoresdescubrirán as reaccións de animais grandese pequenos, feros e mansos, salvaxes e domesticados,ante algo que presenciaron. Mentres uns o fancon asombro, outros non poden evitar saltaraos brazos das súas nais. O texto rebuldeirode Margaret Wise mantén o suspense ataas últimas páxinas, arrancándonos un sorrisoe invitándonos á reflexión.