Na caixa gardou unha estrela rota,
tres pedras, un paxariño de la...
Un día pegou a estrela na tapa,
levou as pedras ao mar.
Deixou o paxariño xunto á fiestra...
Con sensibilidade e optimismo, as palabras
cóanse entre os recordos para explorar
na poética dos obxectos.