A CASA GRANDE

A CASA GRANDE. MANIFESTO DE CIDADANIA

Editorial:
HÉRCULES
Ano de edición:
Materia
Narrativa infantil/xuvenil
ISBN:
978-84-947770-4-2
Páxinas:
36
Encadernación:
Cartoné
-5%
13,50 €
12,83 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

En A Casa Grande, João Manuel Ribeiro preséntanos un ?Manifesto de Cidadanía?. Aborda temas plurisignificativos, como as distintas linguas, latitudes, culturas, cores e crenzas relixiosas. O escritor apela aos pequenos lectores para que compartan sentimentos como o amor, a verdade e o perdón. Convídaos a participar neste desafío que é o combate pola conquista dunha linguaxe universal, nova e común a todos aqueles que respectan a diferenza. A Casa Grande é un álbum metafórico onde se pode aprender a ser un maiúsculo cidadán que soña sen medo de envellecer e vive con intensidade. As ilustracións de Ricardo Rodrigues, dunha forma particularmente feliz, recrean os momentos clave do texto, así como contemplan aspectos que o compoñente verbal non inclúe, enriquecéndoo.
(Gabriela Sotto Mayor, Casa da Lectura)