A LIBERDADE NO SÉCULO XXI

A LIBERDADE NO SÉCULO XXI

Editorial:
GALAXIA
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9151-077-2
Páxinas:
164
Encadernación:
Bolsillo
Colección:
ENSAIO
-5%
16,90 €
16,06 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

O crecemento da poboación e da economía que se rexistra desde hai douscentos anos crea condicións sociais moi diferentes ás de tempos históricos anteriores.
Despois das revolucións liberais, o pobo converteuse no depositario exclusivo da lexitimidade do poder político. O poder xa non vén de Deus ou da tradición ou de calquera outra fonte que daba a unha persoa, a unha familia, a unha caste o dereito de mandar sobre os demais. Esa xigantesca vitoria ética é a gran conquista dos demócratas: o Estado de dereito non é só un logro político, é tamén a gran revolución social. Así e todo, o ser humano debe enfrontarse permanentemente á concentración de poder en minorías que o usufrutúan. Esa é a razón desde ensaio, a mingua de liberdade que produce a acumulación de poder nun grao non coñecido antes e nunha sociedade máis grande e conectada. Combinando axilidade expositiva e rigor, neste libro analízanse os procesos actuais de acumulación de poder nos seus hátitats principais: os aparellos político-burográticos, o capital e a comunicación. A eles engádese unha das cuestións máis importantes para as sociedades deste século: a problemática específica das mulleres. A loita polas liberdades non remata nunca.