A RECEITA DO QUEIXO LUNAR

A RECEITA DO QUEIXO LUNAR

Editorial:
GALAXIA
Ano de edición:
Materia
Relatos curtos ilustrados
ISBN:
978-84-9151-736-8
Páxinas:
32
Encadernación:
Cartoné
-5%
16,50 €
15,68 €
IVE incluído
Dispoñible na libraría
Engadir á cesta

Alá no alto, por riba das túas cellas, das árbores, das nubes, era onde habitaba a queixeira Petroski. Vivía na lúa, por iso podemos chamala unha “lunática”. Traballaba arreo facendo queixos. Nas noites de lúa chea facía queixos redondos, nas noites de lúa crecente facía metades de queixo, e nas noites de lúa decrecente facía metades de queixo e dáballes a volta. Cando había lúa nova descansaba, xa que non quedaba rastro da lúa no ceo.