ALTER-NATIVO

ALTER-NATIVO

Editorial:
AIRA EDITORIAL
Ano de edición:
Materia
Relatos curtos ilustrados
ISBN:
978-84-947807-1-4
Páxinas:
50
-5%
29,90 €
28,41 €
IVE incluído
Dispoñibilidade inmediata
Engadir á cesta

Atención! Se mercades este libro para conseguirdes a entrada para o concerto de Abe Rábade Trío o 26 de decembro en BenComún Espazo (Allariz), non esquezades chamar á libraría (988 442 324) para reservardes a vosa entrada unha vez finalizado o pedido.

- -

Unha illa misteriosa na que ocorren cousas extraordinarias. A que parece imposible darlle a volta a este argumento e construír con el unha historia orixinal? Pois Jorge Campos conségueo con esta banda deseñada diferente desde todos os puntos de vista.

Un cómic sen palabras con moitos niveis de lectura. Universos paralelos, un personaxe que vai decidindo que facer e como naqueles libros de «Escolle a túa propia aventura» nos permite saber que lle pasou tras calquera das súas decisións. Un labirinto narrativo que se estende como as páxinas deste libro en forma de acordeón sobre a mitoloxía popular sobre illas misteriosas. O ilustrador galego é quen de cinxir unha morea de referencias, desde Verne a Stevenson, de Defoe a Homero, de Pinocho e Moby Dick a Lost e O Señor das moscas.

Outros clientes tamén mercaron