AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO

AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO. DO CASO QUE LLE ACONTECEU

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-9121-305-5
Páxinas:
168
Encadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
-5%
16,85 €
16,01 €
IVE incluído
Dispoñible en 1 semana
Engadir á cesta

Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia...
Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en " Asasinato no centro comercial " e continuadas en " A morte vén en chancletas " .
« " As sete mortes de Leopoldo Pardo " é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez)
«Unha revisión moderna do " Divino Sainete " , unha homenaxe secreta á novela " Drácula " , chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)

Outros libros do autor