ASTERIX. O MENHIR DE OURO

ASTERIX. O MENHIR DE OURO

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Relatos curtos ilustrados
ISBN:
978-84-9121-777-0
Páxinas:
48
Encadernación:
Cartoné
-5%
10,95 €
10,40 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto. Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!». Desta vez, o seu talento verase recoñecido! Non polos seus «indoutos» veciños da aldea senón polo xurado do torneo dos bardos galos que se celebra no bosque dos Carnutes. O bardo non só ten pensado participar no torneo senón que está convencido de que acadará o máximo galardón: o Menhir de Ouro!
Do que si está certo Astérix é de que os terribles rechouchíos do seu amigo desencadearán unha boa pelexa... Por iso, canda o seu inseparable Obélix, acorda acompañar o bardo para protexelo, coa promesa de que, esta vez si, cantará!
Prolongade a experiencia do Menhir de Ouro coa súa versión sonora! Voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida para completar as asombrosas aventuras de Astérix e Obélix e descubrir por fin os terribles rechouchíos do bardo Asegurancetúrix.