BERROGUETTO. O PULSO DA TERRA (CON CD E DVD)

BERROGUETTO. O PULSO DA TERRA (CON CD E DVD). O PULSO DA TERRA

Editorial:
GALAXIA
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9865-393-9
Páxinas:
192
Encadernación:
Cartoné
Colección:
REPORTAXE
-5%
12,64 €
12,01 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

O 1 de xullo de 1995 unha nova formación, de estraño nome e son irresistible, abarrotaba a compostelá praza da Quintana, tras apenas un par de meses de ensaio: Berrogüetto. O pulso da terra é a primeira biografía da banda, posiblemente, máis relevante que deu a música de raíz tradicional galega durante estas dúas últimas décadas. A partir das confesións dos membros presentes e pasados do hoxe septeto, pero tamén de numerosos colaboradores, o libro reconstrúe unha historia de éxitos e incertezas, recoñecementos internacionais, ambicións e temores, personalidades complementarias, crises e reinvencións, compromisos estéticos e ousadías, como a autoxestión ou a democracia asemblearia. O libro, con abundantes fotografías inéditas, inclúe o DVD do concerto que Berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no Auditorio de Galicia, con motivo da presentación do seu álbum Kosmogonías, así como o CD coa banda sonora daquela histórica velada.