DICIONARIO DOS SERES MITICOS GALEGOS

DICIONARIO DOS SERES MITICOS GALEGOS

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
ISBN:
978-84-1110-072-4
Páxinas:
280
-5%
39,95 €
37,95 €
IVE incluído
Dispoñible na libraría
Engadir á cesta

O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través damitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela,un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén éunha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lecturaamena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizodunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máisimportantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos.Nas 710 entradas das que consta o «Dicionario dos seres míticosgalegos» pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias,lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade;roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nuntesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir conPedro Chosco; ter medo da estadea; fuxir con Brancaflor ou oír oscontos de María Castaña.O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a raíña Lupa;asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voarácon meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquia