GUIA ARBORES AUTOCTONAS E ORNAMENTAIS DE GALICIA.(

GUIA ARBORES AUTOCTONAS E ORNAMENTAIS DE GALICIA.(

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Divulgación científica
ISBN:
978-84-9782-645-7
Páxinas:
304
Encadernación:
Rústica
-5%
33,50 €
31,83 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Tanto para especialistas como para curiosos e afeccionados, a Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia constitúe unha ferramenta utilísima. Os reputados autores desta guía (Marisa Castro, Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios) trazan un libro útil e doado de manexar que recolle tanto as árbores dos parques e xardíns públicos de Galicia como as especies autóctonas e de repoboación. Cunhas magníficas e precisas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano ?que permiten o rápido recoñecemento das especies?, o libro fai un repaso ás xeneralidades botánicas e os diversos usos das especies, poñendo especial énfase nas árbores froiteiras, sempre relacionadas co territorio galego: a nomenclatura popular e científica, a clave de especies que permite identificar ?sen usar conceptos botánicos complexos? a totalidade das especies citadas, a vexetación autóctona e as plantacións forestais, a silvicultura, as árbores froiteiras, os xardíns en Galicia, etc. Ademais, o libro ofrece unha detallada descrición das especies ?todas elas ilustradas?, de xeito claro, conciso e cun vocabulario rigoroso pero fácil de comprender, incluso polas persoas non expertas no tema.