HANSEL E GRETEL

HANSEL E GRETEL

Editorial:
OQO
Ano de edición:
Materia
Relatos curtos ilustrados
ISBN:
978-84-9871-487-6
Páxinas:
1
Encadernación:
Cartoné
Colección:
(O) CONTOS A PEDIR DE BOCA (G) (3/7 ANOS
-5%
16,00 €
15,20 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Era unha vez unha parella de labregos moi pobres,
que tiñan dous fillos:
un neno, que se chamaba Hansel,
e unha nena, que se chamaba Gretel.
Unha terrible seca arruinara as súas colleitas
e, como non tiñan comida para pasar o inverno,
decidiron abandonar os nenos no bosque.


E así foi... abandonados polos seus pais, Hansel e Gretel pérdense no bosque e atopan unha casa co tellado de chocolate, paredes de mazapán e fiestras de caramelo. Mentres gozan dos marabillosos manxares, unha malvada bruxa espreita e os arrastra cara o interior da casa...


En varias versións deste conto, un dos máis coñecidos dos irmáns Grimm, a situación inicial está composta por dous elementos: a pobreza da familia e a crueldade da madrastra, o primeiro elemento servindo de pretexto ao segundo. Na súa primeira versión de 1812, os irmáns Grimm falaban de nai, pero, en versións posteriores como a de 1819, introduciron o personaxe da madrastra, á que non lle unían lazos de sangue cos fillos do seu marido.

Esta adaptación, baseada na primeira versión do conto, aporta elementos orixinais, diferenciándose doutras interpretacións. A verdadeira causa do abandono, neste caso, é a extrema pobreza dos pais.
Tanto o texto como a imaxe buscan comunicar a unión da familia. Non estamos diante duns pais desalmados, pola contra, senten pena e remorso por verse na obriga de tomar unha decisión drástica que resulta ser errónea.

Neste conto, aparecen tamén os conceptos de perdón e de xenerosidade. Os nenos non gardan rancor aos seus proxenitores e, ao seu retorno, todo volve á normalidade e comparten os tesouros non só cos seus pais senón con todos os habitantes da rexión.

Grazas á astucia de Hansel e os coñecementos que Gretel ten das propiedades das prantas, sen desfalecer diante da adversidade, son quen de superar os problemas e acabar coa bruxa.En certo modo, Hansel e Gretel son os auxiliadores, como apunta a ilustradora Iratxe López de Munáin: "Trátase dunha viaxe iniciática no que os dous irmáns vense na obriga de enfrontarse a situacións hostís que lles fan medrar para converterse en salvadores da situación de miseria na que vive a familia."

Nas ilustracións, combina a técnica do gouache, que aporta planos de cor uniformes, cos lápices de cores, que ofrecen masas de textura. Ademais, emprega unha paleta de cores concreta para recrear dous ambientes ben separados: os azuis, grises e amarelos para o bosque e os morados, vermellos e rosas para a bruxa. O branco xoga un papel importante para crear distintos planos nos que se desenvolve a escena, dentro dunha mesma imaxe.


Así, consegue plasmar dous mundos nos que calquera cousa pode acontecer, onde viven seres de todo tipo; algúns, agachados no bosque, acompañan os protagonistas na súa viaxe; outros, pola contra, observan todo o que pasa na casa da bruxa.

Precisamente, este personaxe foi o que máis chamou a atención da ilustradora: "Quería que tivese unha gran presenza e que contrastase coa aparencia doce dos nenos." Ademais, engade outro personaxe: un can negro, o seu álter ego, que a acompaña nas súas emocións.