MARÍA VICTORIA MORENO

MARÍA VICTORIA MORENO. A MULLER QUE DURMÍA POUCO E SOÑABA MOITO

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Poesia infantil/xuvenil
ISBN:
978-84-9121-311-6
Páxinas:
128
Encadernación:
Rústica
Colección:
MERLIN
-5%
12,50 €
11,88 €
IVE incluído
Dispoñibilidade inmediata
Engadir á cesta

Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre
ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018. Iniciada polo relato apaixonante do que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que era socia María Victoria, esta biografía segue o fío da vida da autora, dende os seus anos difíciles
de infancia e formación, até a súa chegada en 1963, a Galicia, onde exerceu como profesora de lingua e literatura. Un relato no que están presentes, a súa paixón polo ensino e polos animais, reflectida en boa parte das súas obras,
a súa capacidade para meterse na pel dos personaxes dos libros propios e alleos, até a valente actitude coa que enfrontou o cancro.
Un libro, nacido do cariño e admiración por María Victoria, que reconstrúe con emoción toda unha vida de novela dedicada ao amor aos libros e a comunicar o pracer pola lectura en galego, lingua coa que mantivo unha historia de amor.