MULLERES DO MONTE, AS

MULLERES DO MONTE, AS. LEMBRANZAS E PANTASMAS DUN NENO DA POSGUERRA

Editorial:
GALAXIA
Ano de edición:
Materia
Artes
ISBN:
978-84-9865-628-2
Páxinas:
440
Encadernación:
Rústica
Colección:
MEMORIA
-5%
28,30 €
26,89 €
IVE incluído
Descatalogado

Investigación que iniciou para completar as lembranzas da súa infancia no Barco de Valdeorras, onde eran frecuentes os enfrontamentos entre forzas policiais e guerrilleiros, popularmente coñecidos como fuxidos ou "os do monte". O autor descubriu dese xeito o importante papel das mulleres no maquis, fornecendo refuxio e apoio aos fuxidos. Moitas desas mulleres levaban practicamente o peso do Servicio de Información da República. Foi o caso de Paquina Nieto, por cuxa froitería pasaban gran parte das mensaxes secretas dos fuxidos; de Matilde Franco, de Cacabelos, moi hábil para obter información sobre as operacións antiguerrilla dos seus "amigos" do cuartel da Garda Civil. Mais só as mulleres que foron torturadas, ou estaban ameazadas de morte, foron autorizadas a unirse aos do monte como guerrilleiras.