-Ola!
Chámome Octavio.
Gustaríame traballar no circo do fondo do
mar, pero os meus tentáculos son un
estorbo: non sei que facer con eles!
Estou farto de ser un polbo!
Octavio atopará o seu espazo, grazas ao
recoñecemento e valoración das características
do seu corpo: pode soltar tinta.
Deste xeito, consegue unha imaxe positiva de
si mesmo e a aceptación por parte de todos os
demais amigos do mar.