O IDILIO Á DIÁSPORA : MODERNIDADE E COMPROMISO NA PINTURA GALEGA DE CASTELAO A SEOANE

O IDILIO Á DIÁSPORA : MODERNIDADE E COMPROMISO NA PINTURA GALEGA DE CASTELAO A SEOANE. MODERNIDADE E COMPROMISO NA PINTURA GALEGA DE CASTELAO A SEOANE

Editorial:
NIGRATREA
Ano de edición:
Materia
Artes
ISBN:
978-84-15078-26-5
Páxinas:
182
Encadernación:
Bolsillo
-5%
25,00 €
23,75 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Esta obra é un percorrido polo camiño seguido pola pintura galega desde os primeiros anos do século XX até os anos cincuenta, desde o costumismo rexionalista, de influxo modernista e simbolista, até o desenvolvemento pleno do movemento renovador da arte galega coñecido como Os Novos.

Este vieiro amósasenos definido por tres esteos fundamentais: a procura dun ideal, en que se insire a propia definición e creación dunha escola de pintura galega, diferenciada da española; a asunción dunha estética nacional e o seu desenvolvemento no período inmediatamente anterior á guerra civil; e a difícil continuidade no exilio americano e interior coa superación do modelo de base romántica que serviu de alicerce para a creación dunha arte nacional, sen renunciar aos valores sociais e identitarios.