O MISTERIOSO DR. SAA

O MISTERIOSO DR. SAA. A HISTORIA DO CONDE DE WALDEMAR, ILUSIONISTA, PRESTIDIXITADOR E TELÉPATA

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Biografías
ISBN:
978-84-9914-348-4
Páxinas:
160
Encadernación:
Otros
-5%
18,50 €
17,58 €
IVE incluído
Descatalogado

O misterioso Dr. Saa recupera a historia de Manuel Rodríguez Saa, un lucense de Portomarín que, no primeiro terzo do século XX, acadou sona internacional como ilusionista. Algúns dos persoeiros máis relevantes da súa época (da política, a cultura, a aristocracia) presenciaron as habilidades máxicas do Dr. Saa, tamén coñecido como Conde de Waldemar. O seu itinerario vital e profesional levouno polos confíns do mundo, sendo testemuña directa de boa parte dos relatos da historia do seu tempo e colleitando numerosos éxitos nos escenarios máis destacados.
A través dos recordos de parentes e amigos do Dr. Saa, así como das múltiples referencias ás súas actuacións na prensa da época, Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán recompilaron a información necesaria para render con esta obra unha cumprida homenaxe á memoria e lenda do home e do artista.