OBRA POETICA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARAN

OBRA POETICA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARAN

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Poesia adultos
ISBN:
978-84-1110-060-1
Páxinas:
448
-5%
19,95 €
18,95 €
IVE incluído
Dispoñible na libraría
Engadir á cesta

As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán,permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, quecontén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou queparticipa da poesía de combate e denuncia social. A Obra poética deFlorencio Delgado Gurriarán inclúe Bebedeira (1934), Galicia infinda(1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986), así como unmonllo de textos aparecidos en publicacións periódicas que confirmanun autor que non só continúa o ronsel iniciado por Amado Carballo,senón que presenta variados estilos e temáticas. Esta rigorosa edición da Obra poética, que recompila toda a produción lírica coñecida doautor valdeorrés, estivo ao coidado do profesor e crítico Xosé RamónPena, que leva a termo unha ampla e minuciosa análise da obra deDelgado Gurriarán, así como da fixación dos textos.

Outros libros do autor