PLAUTO, OS XEMELGOS

PLAUTO, OS XEMELGOS. TRADUCIÓN, INTRODUCIÓN CRÍTICA E GUÍA DE LECTURA

Editorial:
ANDAVIRA
Ano de edición:
Materia
Outras humanidades
ISBN:
978-84-8408-563-8
Páxinas:
264
Encadernación:
Rústica
-5%
12,90 €
12,26 €
IVE incluído
Descatalogado

-Índice:

Limiar

Estudo introdutorio

Bibliografía

Os Xemelgos (menecmos)

Menaechmi

Guía de Lectura

Suxerencias didácticas e de traballo

Este libro ofrece a primeira versión en lingua galega dunha das obras de Plauto máis influíntes: Menaechmi ou Os Xemelgos.

Para facilitar a comprensión e a análise da obra, conta cun estudio introdutorio onde se sitúa o teatro de Plauto en xeral, e os Menecmos en particular, dentro das súas coordenadas culturais, históricas e literarias. O estudio complétase cunha ampla bibliografía que permite profundizar nos aspectos concretos que o lector poida considerar de interese.

Co mesmo obxectivo, mais cunha perspectiva máis didáctica, a obra engade unha Guía de Lectura que pretende ser útil, non só para uso académico, senón tamén para darnos a visión dunha posta en escena de Menecmos ou de calquera outra obra plautina e das súas influenzas posteriores no teatro occidental.

A comprensión e análise da obra compleméntase coa inclusión do texto latino orixinal, que acompaña a unha tradución vivaz, actual e desenfadada dunha das mellores e máis influíntes comedias de Plauto.