QUEBRACABEZAS

QUEBRACABEZAS

Editorial:
KALANDRAKA
Ano de edición:
Materia
Relatos curtos ilustrados
ISBN:
978-84-8464-996-0
Páxinas:
56
Encadernación:
Cartoné
Colección:
FORA DE COLECCION
-5%
16,00 €
15,20 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Pulgas, cans, parrulos, papagaios, gatos, moscas, coellos?
viven con nós xunto con milleiros de animais e de persoas.
Se contamos os que viven no ceo e máis aló das nubes, no espazo, parece como se non houbera unha cifra na que puidésemos caber todos, como se cada parte dese inmenso número fose unha peza dun quebracabezas infinito. Mais, aínda que sexamos tantos
e parezamos tan distintos, hai algo no que somos iguais:
TODOS SOMOS DIFERENTES. E aínda que non haxa un número
no que caibamos, hai unha palabra na que si nos podemos atopar: NÓS.
?Recuperar, reciclar e reutilizar? é o lema do autor á hora
de abordar o proceso artístico deste libro. Cun enfoque orixinal, utilizando caixas de cartón, pintadas e encaixadas coma
un quebracabezas, Diego Bianki crea un mundo de diferentes identidades que, á súa vez, se interrelacionan. Con este sinxelo antídoto lúdico contra a discriminación e a exclusión, Diego Bianki invita os lectores a xogar e a experimentar, a seguir sumando novas combinacións para que cada quen constrúa o seu propio catálogo de identidades infinitas, facendo este quebracabezas
cada vez máis grande.

Outros libros do autor

  • ROMPECABEZAS
    -5%
    Titulo del libro
    ROMPECABEZAS
    BIANKI, DIEGO
    Dispoñible en 3-7 días aprox.

    16,00 €15,20 €