RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN

RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN. A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN.

Editorial:
LAIOVENTO
Ano de edición:
Materia
Artes
ISBN:
978-84-8487-460-7
Páxinas:
298
Encadernación:
Rústica
-5%
20,00 €
19,00 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase, que recollemos da que el utiliza para definir o seu admirado e querido Ramón Otero Pedraio, en artigo de homenaxe póstuma que figura nestas páxinas, apropiámola e apómoslla nós a el, como cifra dos textos da súa autoría que escolmamos para dar conta -ben que mínima, significativa do inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas letras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica: comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos (de 1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudos lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica, discursos...: seis décadas de dedicación continuada á investigación, análise, interpretación, crítica e divulgación da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade e versatilidade da súa obra de creación en todos os xéneros literarios, tamén ao longo de toda a súa vida. Este volume recolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental da súa produción, de interese para profesores, estudantes e público en xeral.

Outros libros do autor