SANTIAGO(E)TAPAS.LIBRO DE RECEITAS

SANTIAGO(E)TAPAS.LIBRO DE RECEITAS

Editorial:
BAÍA
Ano de edición:
Materia
Non ficción
ISBN:
978-84-92630-79-0
Páxinas:
296
Encadernación:
Otros
Colección:
COCIÑA
-5%
5,00 €
4,75 €
IVE incluído
Descatalogado

Santiago conta cunha ampla e diversa oferta gastronómica baseada nos mellores produtos galegos e na que se combinan a cociña tradicional e a nova cociña. Santiago (é) tapas, o concurso de tapas da cidade, é a oportunidade perfecta para descubrir a calidade da gastronomía da cidade, xa que permite coñecer en pequenas doses o abano de posibilidades que ofrece Compostela aos amantes do bo comer.

O concurso naceu en 2008 e xa se ten convertido nun evento de referencia, no que os estabelecementos amosan a súa imaxinación gastronómica, creando tapas especificamente para o concurso, movidos non só polos premios que se outorgan, senón por algo moito máis importante, que é a satisfacción do cliente, tanto na calidade do produto que ofrecen como no servizo que prestan.

No libro que tes entre mans recóllense as 109 receitas das tapas elaboradas polos 56 estabelecementos que participan na edición de 2010. Inclúe ademais as receitas das tapas premiadas nas edicións anteriores. Trátase, polo tanto, non só dun libro de receitas, senón tamén dun mapa gastronómico de Santiago de Compostela.